PepeTravel é unha axencia de viaxes online que combina voos, hoteis e alquiler de coches para crear paquetes vacacionais a vosa medida. Na súa páxina web encontrarás a diario unha gran variedade de promocións e ofertas 'low-cost' con tarifas moi reducidas.A súa maior desvantaxe, polo que puiden ler en diferentes opinións e valoracións de Ciao.es é que como case calquera axencia online a día de hoxe, se tes algunha emerxencia ou algo non vai como o previsto ben sexa co hotel ou co voo, póñencho moi difícil para facer algún tipo de reclamación ou devolución dos cartos.
Valoración : 3/5 Maletas
Valoración : 3/5 Maletas
LastMinute é outra axencia de viaxes online dedicada a todo tipo de ocio e moi útil para aqueles os que lles gusta viaxar e non son moi planificadores, a xente que prefire as boas oportunidades para viaxar antes que os destinos, xa que esta páxina esta adicada a eses voos e a eses choios de última hora.
Valoración: 5/5 Maletas
Trivago é unha páxina na que podes encontrar calquer tipo de hoteles en todo o mundo, a propia páxina esta especializada nesto pero ademais dispón dunha sección de valoracións tipo Ciao.es a hora de escoller un hotel o que che permite coñecer de primeira man a experiencia doutros usuarios no hotel de destino.                 
Valoración : 4/5 Maletas
Valoración : 4/5 Maletas
eDreams é dos mellores buscadores de viaxes online que podes encontrar e conta coa mellor atención ao cliente dentro das axencias de viaxes online xa que hai poucas queixas sobre iso pero como todo tamén ten as súas desvantaxes, entre elas salienta unha que me preocupa bastante xa que tiña por máis 'profesional' esta compañía:
-Excesivo coste das comisións. É dos mellores buscadores pero a hora de contratar os seus servizos o que parece unha viaxe low-cost convirte se nun escándalo de tasas e comisións, poño por exemplo unha valoración dun usuario de Ciao que afirma que con esta páxina encontrou un viaxe a Roma con Ryanair por 2 € ida e volta mais tasas aeroportuarias ( mais ou menos 50 € ) e cando foi pagar coa súa tarxeta observou que simplemente o voo ascendeu a mais de 85€, converténdose case toda esa diferencia en tasas e comisións para eDreams sen que antes o notificaran para nada.
Valoración: 2/5 Maletas
  
Valoración: 2/5 Maletas
Atrapalo é unha das melloras páxinas para planificar a túa viaxe, esta moi recomendada e é unha páxina sinxela, de xeito que é moi intuitivo navegar por ela e é capaz de encontrar e buscar voo, tren, hotel, restaurante e mesmo actividades e espectáculos con so un clic do rato.
Valoración: 4.5/5 Maletas
Valoración : 5/5 Maletas






