Destinos



Destinos en Europa

-Bruselas

É a capital de Bélxica e a actual sede da Unión Europea, Bruselas é unha cidade que conserva o seu aspecto medieval e onde poderemos disfrutar da súa arquitectura, restaurantes e as súas tendas de luxo. O mellor momento para viaxar aqui é no verán, aínda que esto non garantiza que faga bo tempo, xa que a choiva aqui é frecuente durante todo o ano.


Bruselas é unha cidade buliciosa e animada, para quen lle guste a arquitectura non hai sitio mellor posto que a mistura dos seus diferentes estilos arquitectonicos dos seus edificios é impresionante. Se pretendes visitar os monumentos principais desta cidade  debes visitar a Grand Place, unha enorme plaza construida no século XV que é Patrimonio da Humanidade, asi como tampouco vos podedes perder a estatua de Manneken Pis.

Como recordo, é case obrigatorio mercar chocolate belga e asi apreciar as ezquisiteces culinarias belgas.












-Moscú
Tratase da capital de Rusia, e aínda que ten centos de lugares que deberianse visitar, vou poñer aqui os principais e indispensables polos que calquera turista debería camiñar. Empezemos, a Plaza Roxa, a terceira mais grande do mundo e unha das mais fermosas, a Catedral de San Basilio e o Kremlin, as duas dentro da Plaza Roxa, famosa polas súas cupulas de cores e o outro por ser un conxuto de fortificacións usado polos tzares dende fai oito séculos. Tampouco te podes perder asistir a unha función no Teatro Bolshoi asi como disfrutar do metro mais fermoso do mundo, onde cada estación é unha obra de arte baixo terra.









Destinos en América


-Rio de Janeiro


Ubicada entre as montañas e o mar é a cidade máis famosa e turística de todo Brasil. Ademáis de ser considerada a porta de entrada a Brasil. Coñecida como a "Cidade Marabillosa" ou "A capital Fluminense" Rio de Janeiro ten unha población de mais de sete millóns de habitantes, facendo dela unha cidade comspolita e cultural.
Ofrece o turista multitude de opcións, dende visitar fermosos paisaxes e facer excursións as montañas (O Cristo Redentor) ata pasar por Museos de Arte e Xardíns Botanicos para ver toda a sua biodiversidade e tamén poder visitar algunhas das mellores praias do mundo (Copacabana, Ipanema, Arpoador...)






Destinos en África



-Sudáfrica
Sudáfrica vaise converter en pouco menos dun mes nun hervideiro de persoas que queren presenciar o mundial pero non nos enganemos, visitar Sudáfrica por estas datas non se reduce o mundial, xa que esta presenta unha biodiversidade espeluznante que todos aqueles amantes da natureza non poden deixar escapar. As súas reservas e parques naturais fan que se poida observar a beleza desta e contemplar o que antes un miraba pola sua televisión, e todo isto a un prezo que, se ben non é barato, o cambio de divisas Euro-Rand axuda bastante. Por todo isto, o teño como o meu destino  favorito   deste verán de 2010!














Destinos en Asia



-Tokio
Tokio é a capital oriental do planeta. Aquí comezan o dia os negocios internacionais. A cidade de Kabuki e Pokemon, do sumo e de Sega, é tamen unha cidade de rúas seguras, telefonos mobiles, trens sempre puntuais e prezos elevados. Xardín de infancia de Godzilla, onde oriente e occidente coexisten creando un contraste único que a todos lles gusta, dos rañaceos e cidades saturadas os templos orientais nun mesmo sitio. Tokio.
As mellores épocas do ano para visitar Xapón son no seu Outono, onde encontraras unha paisaxe fermosa nos seus parques e nestas datas, a finais de Maio e principios de Xuño onde case aseguras bo tempo sen ter as desorbitadas temperaturas do seu verán. Os sitios que debes visitar en Tokio son moitos, pero , se tes pouco tempo ou ben so queres visitar un pouco de todo, recomendo o barrio de Shibuya, que é o centro de negocios de Tokio, para observar todo o esplandor dun barrio sumerxido na tecnoloxía e o Tokyo Imperal Palace para ver o seu lado mais natural, xa que aqui encontrarás a residencia da actual familia Imperial e gozaras duns xardíns únicos no mundo.