As consecuencias do Eyjafjallajoekull

jueves, 6 de mayo de 2010 2:15 Publicado por Abel P.


Nesta entrada vou falar das numerosas consecuencias, tanto económicas como medioambientais, da erupción do volcán islandés, o Eyjafjallajoekull, que mantivo durante unha semana enteira todo o tráfico aereo europeo pechado xenerando millóns de perdidas económicas nas nosas aerolíneas, axencias de viaxes e en xeral, paralizando todo tipo de transporte e viaxes en Europa.





Despois de case sete dias nos que todo o tráfico aéreo europeo estivo paralizado, empezáronse a botar contas sobre as numerosas perdas que xerou a erupción deste volcán islandés, situado ao norte da rexión de Suðurland, que afectou a mais de sete millóns de pasaxeiros que foron 'bloqueados' nos aeroportos europeos.
O presidente de Globalia, Juan José Hidalgo, cuantificou en mais de 2.000 millóns de euros tódolos danos económicos tanto para as compañías aéreas como para as axencias de viaxes de todo o mundo despois de que se supera que foran cancelados mais de 100.000 voos en toda Europa.



Se vos estades preguntando por que non deixaron que os avións voasen como se nada a través da cinza das nubes, mirade este vídeo para ver as consecuencias que trae para os motores do avión atravesar unha 'pequena' nube de cinza.



Nova edición: O volcán islandés ataca de novo, e desta vez centrase na península. (13-05-10)

A nova erupción do Eyjafjallajoekull fai apenas catro dias expandiuse de tal maneira que chegou a nosa península dun xeito aínda peor co da última visita ; coincidindo co fin de semana e engadíndolle o noso trafico aéreo a súa carga habitual mais toda a que xenerou diferentes eventos deportivos, como a Liga BBVA ou o Gran Premio de Montmeló na Fórmula 1.
Isto provocou un fin de semana de infarto no que mais do 25% de tódalas operacións aéreas de AENA foron canceladas.

OFF-TOPIC: Antes de rematar esta exhaustiva entrada, deixovos aqui o 'lado bonito' de todo este conto, que non é mais que este espectacular video 'time-lapse' de Sean Stiegemeier que mostra toda a forza do volcán. Tamén tedes abaixo da entrada, para todos aqueles curiosos que queiran escoitalo, a correcta pronunciación do debandito volcán. Mais nada.



Repetide: EYJAFJALLAJOEKULL!!

3 Response to "As consecuencias do Eyjafjallajoekull"

  1. Santiago Says:

    Está moi ben o blog, o fondo queda perfecto e está moi ben a valoración das axencias de viaxes que fixeches.
    Non sei que vas poñen en destinos que ainda está baleiro pero estaría moi ben que puxeras recomendacións de destinos segundo a data do ano ou algo así.

  2. dani17b Says:

    Me gusta la forma de como explicaste lo del volcán Islandés, la forma en la que afecta a los motores de los aviones...
    Pusiste el menú para no tener las entradas todas mezcladas, si no divididas y ordenadas.
    En conclusión, tu trabajo junto al de Santi es el que más me gusta y el que mejor está.

  3. Hector Says:

    Esta moi ben elaborado o blog a combinación de colores a oinformación e o titulo sobre todo o titulo é orixinal polo resto moi ben todo.

Publicar un comentario